Referentes

Sonia Villapol

Ciencia
Bretoña, A Pastoriza, 1977
Neurocientífica galega afincada en Houston.
#Ciencia #Medicina

RELACIÓN CO GALEGO

Penso que falar a lingua coa que te criaches é unha homenaxe ás túas orixes, á túa familia, á túa crianza e á historia e cultura de cada quen leva coma sombreiro. Non podo concibir que alguén que tivo esta oportunidade na infancia poida renegar dela. O galego non merece un desprezo porque ten unha grande historia de loita pola supervivencia e de anos de sometemento, e da historia apréndese, non se esquece. Falar en galego é un luxazo do que deberiamos estar fachendosos, non avergonzados. A literatura galega é fermosísima e hai libros que son xoias. Non todos os países teñen unha lingua propia. O de empregar a lingua a contracorrente é por pura rebeldía e loita contra quen tenta menosprezar ese dereito. Sen faltar ao respecto a ninguén, e menos enfadarme, eu en Galicia non me dá a gana de falar outra lingua que non sexa o galego, é unha cuestión de orgullo, non política. Para falar outras linguas xa o levo facendo con moito esforzo e aprecio polas terras que me acolleron polo mundo adiante.
"Falar en galego a conciencia, e ás veces contracorrente, é un dos maiores praceres que existen. Escribilo e empregalo coma ferramenta, é a culminación. Levo facéndoo toda a vida"

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES