RELACIÓN CO GALEGO
A miña primeira fala é o galego, xa que vivín durante os meus primeiros anos de vida en Zas cos meus avós. Iso marcoume de por vida. Aínda que despois vivín na Coruña durante moitos anos e o castelán se converteu na miña lingua habitual, nunca me desprendín dos valores do galego, a familia, a terra, a cultura. Son perfectamente bilingüe, actualmente (e de por vida, iso desexo) resido en Lira (Carnota) e por fin sinto que falo na lingua que representa o mellor de min. A miña mellor versión como persoa é en galego. A nosa mellor versión como sociedade é en galego: respecto pola cultura, educación, familia, tradicións, natureza,... valores todos que deberan prevalecer en nós por sempre.