Referentes

Foto realizada por: Pilar Abades

A Panadaría

Artes escénicas e cinema
Areta Bolado: O Porriño, Noelia Castro: Bellinzona, Ailén Kendelman: Buenos Aires, Areta Bolado: 1985. Noelia Castro: 1988. Ailén Kendelman: 1989
A Panadaría é unha multipremiada compañía de teatro fundada en Vigo no ano 2013 que amasa un teatro que reborda música vocal e humor crítico. Do seu forno saíron PAN!PAN! (2013), Panamericana (2015), Elisa e Marcela (2017) e As que limpan (2022).
#ArtesEscénicasECinema #teatro

RELACIÓN CO GALEGO

A Panadaría somos tres creadoras teatrais que a través das ferramentas da comedia e a música tratamos temáticas de denuncia das desigualdades sociais e celebración da diversidade. Non nos gustaría un mundo de monocultivo, nin para a terra nin para o desexo nin, por suposto, para as linguas. A diversidade é riqueza, matices e alimento para a empatía. E por iso, aínda que medramos falando castelán, hai moitos anos que decidimos comezar a falar galego e empregalo para a vida e a creación artística porque é a nosa lingua e porque, como dicía Manuel María, o idioma é a vida, é o herdo, é o amor.
"Non nos gustaría un mundo de monocultivo, nin para a terra nin para o desexo nin, por suposto, para as linguas. A diversidade é riqueza, matices e alimento para a empatía."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES