Alingua está aberta para calquera entidade que teña como obxectivo a defensa e a promoción do uso da lingua galega.
As entidades locais (concellos e deputacións) que compartan este obxectivo e o devenvolvan a través de unidades técnicas poden ser socias.
Calquera outra entidade pode tamén achegar a súa colaboración e converterse en amiga de Alingua.
Poderán formar parte de Alingua todas as entidades locais (concellos e deputacións provinciais) que desenvolvan políticas en prol da normalización lingüística e que conten cun servizo de normalización lingüística para executalas, como departamento técnico indispensable no proceso de extensión do uso e da normalización do galego na Administración local e no termo municipal.
Entidades locais interesadas en formar parte de Alingua deberán enviar ao correo electrónico alingua@alingua.gal unha solicitude, xunto coa seguinte documentación:
Un acordo formal do órgano municipal competente da Corporación (Pleno do Concello, Xunta de Goberno...) no que:
As entidades locais que se adhiran a Alingua deberán aboar unha cota anual de participación. As cotas establecidas son as seguintes:
Tamén poderán formar parte de Alingua como membros amigos aquelas entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus obxectivos o desenvolvemento, defensa e promoción dun maior uso da lingua galega.
A condición de membro amigo supón que a entidade pode participar nas reunións e asembleas da asociación con voz pero sen voto. Non poderá formar parte dos órganos de goberno e non ten a obriga de pagar as cotas.
A Asemblea Xeral, que se reúne xeralmente no primeiro trimestre de cada ano, será a encargada de adoptar o acordo para incorporar na asociación as entidades locais e as entidades amigas.
Para calquera aclaración ao respecto, pode enviar un correo a alingua@alingua.gal ou poñerse en contacto co persoal técnico de calquera dos concellos que forman parte da Xunta Directiva
CONTACTAR