RELACIÓN CO GALEGO
O galego é a lingua na que me criei e a que emprego para comunicarme no meu día a día. O feito de usala nas cancións vén xustamente diso. Penso que todo o mundo precisa expresar o que sinte nun código (neste caso, un idioma) que domine, co que se sinta cómodo. Ademais diso, como receptor, agradezo cando noto que alguén próximo a min se está expresando dunha forma tal que me sinto identificado.
"Agradezo cando noto que alguén próximo a min se está expresando dunha forma tal que me sinto identificado."