RELACIÓN CO GALEGO
Nacín en Burela, aos pés do Cantábrico, e de nena lía e lía e lía e lía, tanto en galego coma en castelán. Non obstante, toda a miña contorna era galegofalante: amizades, familia, centro escolar. Foi ao marchar a estudar fóra cando descubrín que a miña vila era un pequeno oasis (en) galego. Agora escribo porque cansei de visitar os mundos dos máis e quixen crear os meus propios. Fágoo en galego porque falo, penso e imaxino na miña lingua materna.
"A ningunha escritora en castelán lle preguntan por que escribe na súa lingua."