Referentes

Isabel Vilalba

Activismo
Lourenzá, 1973
Eu aprendín o mundo que coñezo en galego.
#Activismo #Sindicalismo

RELACIÓN CO GALEGO

O galego é a miña lingua materna, a miña contorna de vida é galegofalante na súa maioría. O concello onde vivo, o colexio, o instituto e demais ámbitos onde fun desenvolvendo a miña vida afortunadamente eran ámbitos maioritariamente galegofalantes. A nivel académico, a primeira licenciatura que estudei foi Hispánicas na especialidade de Galego-Portugués. No ámbito de vida, no que estou construíndo o meu proxecto vital, que é o mundo labrego, o galego é tamén a lingua maioritaria.
"A miña maneira de ver o mundo é en galego, en galego aprendín, en galego nomeo. Non concibo expresar as cousas que me importan nunha lingua allea."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES