RELACIÓN CO GALEGO
O galego estivo sempre ao meu arredor, naturalmente. O castelán tamén, claro, mesmo como parte da raizame familiar. Cando chegou a hora de escoller para afrontar o traballo, a miña proxección profesional e persoal non tiven dúbidas.
"O galego serviume e sérveme para poñerme no sitio. Aínda que ao mellor non o soubera, seguramente nunca o dubidei."