OS NOSOS PROXECTOS

Cartografía sensorial

apego

Dámosche a benvida á cartografía sensorial dos concellos que forman parte de Alingua! Con estas paisaxes sonoras e visuais poderás explorar parte do noso territorio dunha forma diferente a través dos sons, das cores e da lingua.

Referentes

apego

Quen che pasou a ti a lingua? Usa o buscador ou navega na procura de referentes propios. Atoparás persoas de ámbitos profesionais moi diversos, dende a creación musical ao activismo pasando pola moda, a interpretación, a literatura, a ciencia ou o deporte.

É túa. Pásaa!

apego

Como primeiro grande esforzo de cara á cidadanía dos 19 concellos integrados na Asociación Alingua, estase a levar a cabo unha campaña de dinamización lingüística que presenta a asociación ao público de toda Galicia.

Enreguéifate

apego

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega

Youtubeiras

apego

Youtubeiras é un programa colaborativo, organizado por diversos concellos, a Deputación da Coruña e as universidades galegas, dirixido a fomentar e visibilizar o uso do galego en Youtube, unha das redes sociais máis influentes do momento.

Club de debate

apego

O Club de Debate é un programa cooperativo no que participan varios concellos galegos, que promove e valora o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade.

Apego

apego

Apego é un programa colectivo no que participan varios concellos galegos, dirixido ás familias e ao contexto social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida.

SÚMATE Á ALINGUA!

Pódense adherir tanto entidades sociais como entidades amigas que teñan como obxectivos o desenvolvemente, defensa e promoción dun maior uso da lingua galega.

QUERO ASOCIARME