Referentes

Foto realizada por: Polaride

As Tanxugueiras

Música
Olaia e Sabela: Teo / Aida: Ribeira, Olaia e Sabela: 1990 / Aida: 1997
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son Tanxugueiras, tres cantareiras para unha nova década. Só elas son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.
#Música

RELACIÓN CO GALEGO

A nosa relación co galego é moi íntima. É a lingua que utilizamos no noso día a día. Aida si tivo unha época no colexio de utilizar máis o castelán, pero pronto regresou a utilizar o galego. Agora imos co galego como bandeira nos nosos concertos, actos públicos, etc., tanto dentro do país como fóra. Gústanos a sonoridade e ver as reaccións positivas que provoca no público.
"Imos co galego como bandeira."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES