Referentes

Foto realizada por: Diego L. Dolan

Rocío García Eiras

Deporte
Cercio, Lalín, 1981
Vicepresidenta da Federación Galega de Rugby. Internacional coa Selección Española de Rugby dende o 2002 ao 2017, actualmente adestradora, árbitra e nai.
#Deporte #Rugby

RELACIÓN CO GALEGO

Fun unha nena de aldea do interior de Galicia criada en galego, a lingua que sempre me acompaña e me acompañou a todos cantos recunchos do mundo onde o rugby me levou. Orgullosa de levar sempre comigo ese selo que nos identifica como galegos que nos fai únicos alá onde vamos. Se o deporte é capaz de cambiar o mundo, que non fará a nosa lingua! Por unha lingua galega saudable e en movemento.
“É feliz o que soñando, morre. / Desgraciado o que morra sen soñar" (Rosalía de Castro)

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES