Referentes

Foto realizada por: Santi Iglesias

Fillas de Cassandra

Música
Sara: Vigo / María: Vigo, Sara: 2001 / María: 1996
Fillas de Cassandra somos só dúas, María Soa e Sara Faro, pero escribimos da man de todas as que foron feitas de esquecemento. Vida e voz terán mentres as haxa que canten, que cantemos, para sermos alguén.
#Música

RELACIÓN CO GALEGO

Para as non medradas no galego, mudar de lingua é unha decisión que supón unha toma de consciencia de que algo está a morrer e de que, dalgún xeito, na túa voz reside a posibilidade de pervivencia. Non nos imos enganar: aínda nos custa. Como neofalantes que somos, debemos admitir que cando as nosas palabras non nacen do intelectual, senón que veñen do instintivo (no enfado, por exemplo), a nosa mente recorre aínda a ese idioma que nos foi aprendido como propio: o castelán. Porén, creamos en galego porque é a forma en que decidimos movernos polo mundo, e porque dende o comezo da nosa relación, foi a lingua natural para nos comunicar. Creamos en galego porque queremos pensarnos en galego, construír cultura e referentes para que outras, as que veñen detrás, poidan medrar xa na nosa lingua.
"Creamos en galego porque é a forma en que decidimos movemos polo mundo, e porque queremos construír cultura e referentes, para que outras, as que veñen detrás, poidan medrar na nosa lingua."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES