RELACIÓN CO GALEGO
Sempre falei galego coa miña avoa Plácida. Ela foi a que fixo que nunca perdese ese vínculo. Filla de galegofalantes, emigrados a Vigo para saír adiante, que consideraban como tantos outros, por desgraza, que criar as súas fillas en castelán sería mellor para o seu futuro... Cando quedei embarazada comezou o meu espertar coa lingua galega, e quixen recuperar cos meus fillos unha lingua que se perdía na familia. E con ela as nosas raíces, as nosas peculiaridades e a nosa identidade. Como familia e como pobo.
"Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento... / pero hai outra Galicia que vai no sentimento. / Galicia somos nós: / A xente e máis a fala, / se buscas a Galicia / en ti tes que atopala" (Manuel María)