Referentes

Foto realizada por: Adrián González (@adrienone)

Mario Brión Toucedo, olaxonmario

Comunicación
Boiro, 1994
Son un gaiegueiro extremista radical.
#creacióndecontidos #comunicación

RELACIÓN CO GALEGO

A miña relación co galego é a arbitrariedade de nacer na Galiza e que a miña unidade familiar me falase nel desde o berce. Sempre escoito historias e proezas de xente que tivo privado o seu dereito de aprender a lingua propia do territorio que habita, mais eu fago parte dos poucos afortunados que tivemos unha familia integramente galegofalante. Porén, dende pequeno tiven a oportunidade de pórme en contacto coas incoherencias sociais-lingüistico-indentitarias que todes coñecemos. Con todo, a miña forma de relacionarme coa lingua non é máis ca iso, a miña lingua natal, na que me desenvolvo na miña vida cotiá, unha das que falo e escoito diariamente e a que trato de impoñer e "naturalizar" en cada espazo hostil para esta no que teño que ser partícipe.
"A miña relación co galego é a arbitrariedade de nacer na Galiza e que a miña unidade familiar me falara nela desde o berce (tendo consciencia de que hoxe en día isto é case unha anomalía)."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES