RELACIÓN CO GALEGO
O galego é útil e importante porque o coñecemento de calquera lingua sempre suma, xamais resta, sexa chinés, alemán, lingua de signos ou música. Pero é que ademais esta é a nosa, e permitir o seu asasinato, ollo! non morte, só nos conecta con termos que non deberan interesarnos, como o abandono, a frivolidade, a vulgaridade, a desidia... mentres que coidar del, ocuparse, aprendelo, aprecialo, conéctanos con valores que si ou si son os que hai que cultivar: o orgullo do propio, o amor, a sensibilidade, o coidado, o respecto... se isto de vivir consiste en ir a mellor, coidar do noso é, nin máis nin menos, un acto de intelixencia.
"Coidar o que é noso é un acto de sensibilidade e intelixencia."