Referentes

Foto realizada por: Olalla Tellería

Rodri Míguez

Comunicación
Redondela, 1997
Son xornalista musical, fago a comunicación de festivais e son creador de contido en TikTok. Polifacético pero monotemático.
#creacióndecontido #xornalista #comunicación

RELACIÓN CO GALEGO

A miña historia co galego non é distinta da de moitos outros neofalantes. Fun criado en castelán e medrei nunha contorna na que apenas tiña estímulos en galego, polo que o meu único contacto era falalo co meu avó e aprendelo no instituto con este modelo de ensinanza como se fose unha lingua estranxeira. Tras isto eu marchei á universidade, e foi alí, convivindo con galegofalantes e tendo que traballar man a man con eles, cando fun consciente de que non era quen de manter unha conversa fluída ou achegar a un traballo escrito en galego. Nese momento mudou a miña perspectiva, e co apoio do meu grupo de amizades galegofalantes comecei a mudar ao galego. Ao principio era custoso, pero axudoume moito comezar a expresarme en galego nas miñas redes sociais e seguir a xente que tamén se expresara en galego. Foi alí onde collín confianza para seguir dando pasiños. Hoxe en día xa fago a miña vida totalmente en galego, e de feito a miña condición de galegofalante abriume moitas portas, tanto a nivel social como a nivel laboral, así que non podo estar máis contento coa miña decisión.
"Non sería o que son nin estaría onde estou sen o galego. É o motor da miña carreira profesional."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES