Referentes

Foto realizada por: Plumeria

Ledicia Costas

Literatura
Vigo, 1979
Ledicia Costas é unha das autoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega e os seus libros son constantemente reeditados. Ten obras en linguas coma o coreano, o persa, o checo ou o italiano. Concedéronlle premios tan prestixiosos coma o Premio Nacional de Literatura Infantil, O White Ravens, que concede a Biblioteca de Munich, ou o Lazarillo (o premio máis antigo da literatura infantil e xuvenil en España), que recibiu en tres ocasións e sempre con obras escritas en lingua galega. No 2020 entregáronlle o Premio da Cultura Galega. Afirma que as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.
#Literatura

RELACIÓN CO GALEGO

Son neofalante. Abracei o galego a través da literatura galega, coas lecturas que chegaron ás miñas mans nos estudos de secundaria. Aí empeza a miña relación de amor e entrega ao idioma. Tamén contribuíu de maneira positiva o feito de vivir no extrarradio rural de Vigo, en lugares onde a lingua vehicular era o galego.
"Levo o galego como bandeira. É o meu sinal de identidade, na ficción literaria e na vida real."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES