recurso-blanco-footer
recurso-blanco-footer

Promovemos e dinamizamos o uso da lingua galega

a través da cooperación entre entidades do ámbito local

Os nosos proxectos

Os concellos que impulsamos Alingua comprobamos o rendemento de colaborarmos en proxectos de dinamización da lingua (Apego, Youtubeiras, Enreguéifate, Club de Debate...). Agora contamos cun novo espazo desde o que facilitar e ampliar esta cooperación e no que xerar novas iniciativas para achegar á nosa veciñanza.

Preme nos proxectos para saber máis:

Últimas novas

ALINGUA E O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ÚNENSE PARA IMPULSAR O USO DO GALEGO NA INFANCIA

A través desta colaboración van desenvolver proxectos conxuntos, comezando por un estudo sobre as necesidades das familias e a oferta de contidos, produtos e servizos en galego para a crianza.

Youtubeiras+ celebra 10 anos en Rede

Youtubeiras+ lanza un novo premio honorífico para distinguir a traxectoria de persoas e iniciativas no eido da creación dixital na nosa lingua.

O IES do Milladoiro gaña a final do Club de Debate Alingua 2026

O IES do Milladoiro (Ames) é o novo equipo campión do Club de Debate Alingua. Os anfitrións conseguiron o título este sábado no Auditorio de Bertamiráns. Os vixentes campións e gañadores das dúas anteriores edicións, o IES Terra de Xallas, soben tamén ao podio, mais desta volta no segundo chanzo.

Ver todas as novas
Como formar parte de Alingua?
Alingua está aberta para calquera entidade que teña como obxectivo a defensa e a promoción do uso da lingua galega.
As entidades locais (concellos e deputacións) que compartan este obxectivo e o devenvolvan a través de unidades técnicas poden ser socias.
Calquera outra entidade pode tamén achegar a súa colaboración e converterse en amiga de Alingua.
As entidades que desexen sunmarse deben tomar o acordo de aceptar os estatutos da asociación e enviar unha solicitude de incorporación.
Saber máis