Referentes

Sechu López

Deporte
Ourense, 1965
Aventureiro galego, gusta de viaxar e fotografar. Un soñador comprometido cos desafíos e os deportes na natureza, especialmente na montaña e no mar.
#Deporte #Viaxes

RELACIÓN CO GALEGO

Lembro o meu pai, galeguista convencido, falándonos en galego aos seus dous fillos, foi el quen me fixo querer dabondo a nosa lingua, como un feitizo, que hoxe é unha lembranza ao seu compromiso, que herdei con satisfacción. Escribir e publicar en galego foi unha firme decisión que mantiven dende os meus primeiros textos e artigos ata a actualidade coas redes sociais. As entrevistas dos medios de comunicación tamén as pido facer en galego, así como as charlas que imparto. Empregar e fomentar o galego é un compromiso co noso, un orgullo e, sendo tan fermosa e benquerida lingua, un pracer. Penso que a vida hai que vivila con afouteza e sentidiño, gozando cada instante da nosa finita existencia e infinita liberdade para elixir o noso camiño. Relato moitas das miñas viaxes realizadas a montañas de 22 países de catro continentes, incluíndo expedicións a montañas de oito mil metros; tamén as travesías en caiac de mar, en solitario; e neste ano as travesías con esquís en Laponia. Porque compartir, tamén é parte do camiño.
"Penso que a vida hai que vivila con afouteza e sentidiño, gozando cada instante da nosa finita existencia e infinita liberdade para elixir o noso camiño."

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES