Referentes

Foto realizada por: Zeltia Iglesias

Martín Mondragón, Mondra

Música
Teo, 2000
Mondra é artista, cantareiro e bailador. Con ARDÉN, o seu primeiro traballo, presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega.
#Música

RELACIÓN CO GALEGO

O galego ocupa un lugar moi importante na miña vida. A miña lingua é central na miña identidade, como persoa e artista. Teño a sorte de ter sido educado e de ter medrado na miña lingua. Teño a sorte de pertencer a un pobo con lingua propia que levar por diante con orgullo. Teño a sorte de ter unha lingua na que escribir cancións e desenvolver o meu proxecto profesional. Quero pensar que algo vai mudar, que o galego ten unha longa vida por diante.
"Teño a sorte de pertencer a un pobo con lingua propia que levar por diante con orgullo. Quero pensar que algo vai mudar, que o galego ten unha longa vida por diante. "

PARA SENTIR A SÚA LINGUA

O SEU CONTIDO EN

VER MÁIS REFERENTES
VOLVER Á PÁXINA DE REFERENTES