RELACIÓN CO GALEGO
Tiven a sorte de nacer nun sitio no que se falaba e aínda se fala bastante o galego, e un galego moi bonito, todo hai que dicilo. Foi co paso do tempo cando entendín que isto era un privilexio. Medrei en galego aínda que foron moitas as veces nas que cambiaba ao castelán querendo adaptarme á maioría no colexio. Hoxe en día toda a miña vida é en galego. Teño a sorte tamén de poder traballar en galego. E por suposto non podo estar máis feliz por formar parte do #DígochoEu, que tantas alegrías nos ten dado.