O IES do Milladoiro (Ames) é o novo equipo campión do Club de Debate Alingua. Os anfitrións conseguiron o título este sábado no Auditorio de Bertamiráns. Os vixentes campións e gañadores das dúas anteriores edicións, o IES Terra de Xallas, soben tamén ao podio, mais desta volta no segundo chanzo.
A Asociación de entidades locais pola lingua galega, Alingua, celebrou a súa asemblea ordinaria na que se definiron as liñas estratéxicas que marcarán o rumbo da entidade durante o presente exercicio. Entre os acordos máis destacados atópanse a posta en marcha dunha estrutura técnica de xerencia e un ambicioso plan de renovación para o programa Apego de socialización lingüística na infancia.
Un total de 28 finalistas disputarán a novena edición dos Premios Youtubeiras+, cuxa gala de entrega terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol o vindeiro 7 de febreiro
O programa Apego deseñou un novo calendario para este 2026 que inclúe cancións infantís, refráns, recitados e adiviñas, xunto con divertidas ilustracións, dirixido especialmente a familias
O programa Apego resultou gañador da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas
O programa Modo Galego, actívao! é unha iniciativa da Real Academia Galega e o Concello de Ames que busca promover o uso do galego entre a xente nova.
Alingua e a Real Academia Galega van explorar vías de colaboración en iniciativas a prol da normalización lingüística. Unha representación da directiva da asociación reuniuse na sede temporal da institución co presidente da RAG, Henrique Monteagudo, co propósito de avanzar na normalización lingüística.
O presidente de Alingua, Ramón Varela Rodríguez, participou na presentación do documento de traballo Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade do Consello da Cultura Galega
Alingua saca a licitación o servizo de xestión da entidade co obxecto de contratar persoal especializado que desenvolva tarefas de tramitación económica e administrativa, así como de coordinación de programas e actuacións desenvolvidos por Alingua.
Alingua presenta o seu catálogo de referentes da lingua galega dirixido ao alumnado de secundaria, que se completa cunha guía didáctica e un cartel para traballar os referentes nas aulas. Tamén se presenta unha colección de postais sonoras que conforman unha cartografía sensorial para a lingua.
Unha canción electro-latino e unha webserie para animanos a usar e pasar a lingua