A Asociaicón de Entidades Locais pola Lingua Galega, que ten entre os seus obxectivos promover e dinamizar o uso do galego de xeito colaborativo entre diversas administracións locais, saca a licitación o servizo de xestión da entidade co obxecto de contratar persoal especializado que desenvolva tarefas de tramitación económica e administrativa, así como de coordinación de programas e actuacións desenvolvidos por Alingua.
Entre os coñecementos que deberá posuír o contratista que queira optar a este contrato destacan os coñecementos en materia fiscal, laboral, orzamentaria ou de procedemento administrativo.
O contrato adxudicarase por procedemento abertoe tramitación ordinaria e o prazo para presentar ofertas remata o 12 de xuño de 2025.
Pódese consultar toda a información sobre o anuncio de licitación do servizo de xestión de Alingua na Plataforma de Contratación do Sector Público