imaxe-nova

27/05/2025

Alingua e o Consello da Cultura Galega coinciden na necesidade de produtos e servizos en galego para a infancia e mocidade

O presidente de Alingua, Ramón Varela Rodríguez, participou na presentación do documento de traballo Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade do Consello da Cultura Galega, que tivo lugar o pasado 22 de maio. No seu momento, o presidente e mais o secretario de Alingua, Demetrio Gómez Xunqueira, xunto con parte técnica da Xunta Directiva, xuntáronse coa Presidencia do Consello da Cultura Galega e coincidiron na necesidade dun informe sobre a oferta de produtos e servizos en galego, co fin de poder poñer en marcha iniciativas de normalización lingüística dirixidas a este sector. 

Neste enlace pódense consultar os documentos de traballo do Consello da Cultura Galega sobre a Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade

 

 

MÁIS NOVAS