imaxe-nova

05/12/2025

Apego publica un calendario repleto de tradición oral

O programa Apego deseñou un novo calendario para este 2026 que inclúe cancións infantís, refráns, recitados e adiviñas, xunto con ilustracións cedidas polos concellos de Santiago de Compostela e Ames, dirixido especialmente a familias, para ofrecerlles un recurso divertido e atractivo para promover a lingua galega a través do xogo.

Este calendario pódese descargar e imprimir, e cando remate o ano, pódese cortar a parte de abaixo de cada mes e conservar as imaxes e os recitados como recurso.

Descargar: Calendario Apego 2026

 

MÁIS NOVAS