imaxe-nova

18/10/2025

O programa Apego resultou galardoado nos Premios da Crítica de Galicia 2025, na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas

O programa Apego, no que colaboran 32 concellos galegos, resultou gañador da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas por unanimidade, na que tamén se encontraban Espazo lectura e Código Cero.

O xurado recalcou que Apego é unha iniciativa que neste momento de emerxencia lingüística potencia a inmersión no idioma propio dos núcleos familiares, dotándoos de ferramentas e recursos para a consolidación do proceso de transmisión do galego.

Ramón Varela Rodríguez, representante da presidencia de Alingua e encargado de recoller o premio no auditorio de Afundación en Vigo no seu agradecemento destacou que “queremos compartir a esperanza e o orgullo das persoas que traballamos en Apego. Cada día vemos medrar unha rede de familias que deciden criar en galego con convicción e con amor, que buscan apoio, que fan da lingua unha casa e unha ponte cara ao futuro. Familias que din con feitos o que tantas veces se queda nas palabras: que o galego ten futuro porque hai quen o pon na vida e no corazón das súas crianzas”

Para coñecer o resto de gañadores/as nas diferentes categorías podes premer neste enlace.

 

 

 

MÁIS NOVAS