Apego

Apego é un programa colectivo no que participan varios concellos galegos, dirixido ás familias e ao contexto social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida.

imaxe-proxecto

Como axuda á socialización en galego?

  • Achega argumentos que convidan a reflexionar sobre a importancia da crianza en galego.
  • Crea e difunde recursos, materiais e actividades que axudan a socializar en galego.
  • Procura a existencia de redes e comunidade que sosteñen e apoian o uso do galego.

A quen vai dirixido?

Está destinado a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos e persoal que traballa en espazos de socialización como escolas infantís, ludotecas…

Como formar parte do Apego?

Todas as familias que están agardando un bebé ou que teñan crianzas de ata 6 anos e que queiran que o galego forme parte da súa vida poden adherirse ao programa Apego a través da súa web (www.apego.gal) ou poden visitar o servizo de normalización lingüística do seu concello, sempre que este forme parte do proxecto, onde lles explicarán polo miúdo o programa e, ademais, levarán como agasallo unha caixa de benvida.

imaxe-proxecto

Apego en rede

O Apego pódese seguir a través de

VER TODOS OS PROXECTOS