Club de debate

O Club de Debate é un programa cooperativo no que participan varios concellos galegos, que promove e valora o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade.

imaxe-proxecto

A quen vai dirixido?

Diríxese ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos concellos participantes e a rapazada que se anime a debater neste certame deberá agudizar o enxeño para buscar todas as argumentacións posibles para reforzar as ideas, o que tamén facilita a capacidade de análise e de interpretación da realidade e sempre coa axuda do profesorado que prepara os equipos.

Crea espazos de socialización e convivencia para activar a lingua a través de xornadas de formación, traballo de investigación e ensaio, e intensas xornadas de debate con tempo para o lecer.

Desenvolvemento

Os equipos estarán formados por grupos mixtos (entre 4 e 10 membros) e contarán cun/ha profesor/a que será quen se encargue de adestrar, asesorar e representar o equipo.

O Club de Debate desenvólvese en fases nas que todos os equipos defenden posturas a favor e en contra dos temas propostos para obter a mellor puntuación.

Antes de comezar a súa preparación, todos os equipos de cada zona asisten conxuntamente a unha sesión formativa na que se familiarizarán co desenvolvemento dos debates e na que recibirán asesoramento sobre técnicas de comunicación oral e argumentación.

Premios

Os equipos gañadores das fases de zona e da final obteñen premios cos que acceden a contidos culturais ou a experiencias de convivencia e animación lingüística.

imaxe-proxecto

Como participar?

O centro de ensino do equipo que estea interesado en participar deberá poñerse en contacto co servizo de normalización lingüística do seu concello.

Como manterse informad@?

Sigue o Club de Debate polo Facebook e anímate a participar!

VER TODOS OS PROXECTOS