imaxe-nova

21/03/2022

Magnetismo en liña con Youtubeiras

O proxecto Youtubeiras, logo de cinco anos de traxectoria, transcendeu o concurso e xa é referencia como comunidade creadora en galego.

Nesta edición, a gala de entrega de premios, que se celebrou en Ames, tivo como aliciente engadido contar co grupo Tanxugueiras para presentar o acto en que resultaron gañadoras O son das ideas, Olaxonmario, Neeumatiko, Pablo Rodríguez Vilas, Toxío, Astroxabi, Cousas rarismasmr, Cousxs, Xacobo de Toro, Recuncho gamer e Orgullo galego.

Despois de rematar esta última edición, xa se pode concluír que aumentou notablemente a calidade técnica das canles e dos vídeos presentados e que se ampliaron as temáticas tratadas como os videoblogs, os deportes, as viaxes, a identidade, a sexualidade, a cociña, os xogos e a música, que foron os principais asuntos que abordaron as persoas youtubeiras que xa constitúen unha comunidade en pleno proceso de expansión e consolidación.

De cara a este ano, a organización xa está a traballar na consecución de novos obxectivos dirixidos prioritariamente a visibilizar as persoas youtubeiras que ofertan os seus contidos en lingua galega.

MÁIS NOVAS