Dámosche a benvida á cartografía sensorial dos concellos que forman parte de Alingua! Con estas paisaxes sonoras e visuais poderás explorar parte do noso territorio dunha forma diferente a través dos sons, das cores e da lingua.
Procura as postais sonoras e as cores que te vinculen cos teus lugares vitais, que che lembren experiencias compartidas ou sensacións agradables.
Tes todos os sentidos preparados?
Nas postais sonoras de cada lugar quedan retratadas vivencias representativas destas localidades nas que a lingua galega forma parte das coordenadas fundamentais das relacións humanas, do coñecemento, do traballo, do lecer e da vida.
Podes enviar as postais como recordo e incorporarlle a túa mensaxe personalizada. É simple: preme nalgún dos puntos azuis dos concellos sinalados do mapa. Bota unha ollada aos vídeos de cada tarxeta, cando deas co elixido, personalízao co teu texto e envíallo a unha amizade, a un familiar… Faille saber a esa persoa que te lembras dela!
Cada localidade ten unha morea de cores posibles, en Alingua escollemos unha para achegarte á paisaxe de cada lugar.
Os tons cromáticos son determinantes na nosa percepción do mundo e teñen a capacidade de espertar certas emocións, tamén a de pertenza a un lugar.