ALINGUA EN YOUTUBE
Ben sabes que podes Alinguar en calquera das nosas redes sociais, Instagram, Facebook… mais tamén podes gozar de moitísimo contido na nosa canle de Youtube. Aquí atoparás vídeos e audionotas onde xente de diversos ámbitos, profesións e traxectorias falarán da súa relación coa lingua no seu día a día.

AUDIOCITAS

Nas Audiocitas acharás shorts de Youtube onde teñen a palabra Rosa Álvarez, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, ou Álex Regueiro, modisto e editor da revista virtual Coralia. A nosa lingua, a través destas notas de son, aparecerá vencellada a diferentes disciplinas e usos.
Escoitar aquí

A MIÑA HISTORIA CO GALEGO

Nos vídeos curtos A miña historia co galego diferentes e variados referentes grávanse a si mesmos para contarnos de primeira man cal é e foi a súa experiencia coa lingua. Gabi García, creador de contido, a cantante Fátima Pego, a actriz María Vázquez, o multidisciplinar Gabri Fuentes, Rodri Míguez, xornalista musical ou a cantante e presentadora Tania Veiras falan da súa vida en galego.

Acharás testemuños de neofalantes, de falantes de sempre e de como viven e traballan en galego nas súas diferentes áreas. Lembra, o importante é falalo!
Ver aquí

TEMAZOS DE VERÁN

Mais tamén hai que se relaxar. Na nosa canle tes tamén unha longa listaxe de música do máis ecléctica. Para todos os gustos! Desde clásicos como Os Resentidos ou Ultraqäns, pasando por MJ Pérez, Berto ou Terbutalina ata As Tanxugueiras, Boyanka Kostova ou Baiuca. Colle algo fresco, esquece as túas preocupacións, dálle ao play e non esquezas recomendar máis Temazos de verán na caixa de comentarios. Deixa falar a música!
Escoitar aquí

E TI, QUE ALINGUAS?

E ti, que alinguas? A gran pregunta! Que alinguas? Onde alinguas? Protagonistas do cine, do teatro, da comedia, da poesía, do contido en redes soci ais, da moda, darán resposta a estas cuestións en formato de entrevista para coñecer máis en profundidade as súas opinións sobre o idioma, da súa situación hoxe en día e, tamén, das dificultades que ten que superar na súa normalización.

Xosé Antonio Touriñán, Todomalva, Ismael Ramos, Noelia Perpetuo, Belén Puime, Iago Alcántara, Sergio Marey, David Espiño, Melania Cruz, Hydn… Diferentes prismas, diferentes visións, respostas alternativas, puntos de vista distintos… Un feixe de testemuñas para dar unha visión global e heteroxénea sobre o galego. Mais a pregunta non é só para elas e eles! E ti, que alinguas? Deixa as túas impresións e vivencias na caixa de comentarios de cada vídeo!
Ver aquí
VER TODOS OS PROXECTOS