Os adhesivos, tamén coñecidos co anglicismo “stickers” son esas ilustracións que podes engadir nunha conversa ou grupo de WhatsApp e Telegram, entre outros, e que nos axudan, mediante imaxes a expresar estados ou sentimentos dun xeito instantáneo.
Pois Alingua xa ten os seus propios, unhas linguas ben expresivas, para usar nas apps de WhatsApp e Telegram.
Imos de festa?, cada vez que borras unha mensaxe morre un gatiño, miña nai!, eu alinguábate toda/tode/todo!, non me dá a vida e xenial! son os textos que acompañan a cada lingua caracterizada.
O seu propósito é ir máis aló dos emoticonos, xa que calquera pode copialos e difundilos.
Deixámosche por aquí as ligazóns de instalación para que uses no teu dispositivo móbil e espalles:
WhatsApp https://play.google.com/store/apps/details...
Telegram https://t.me/addstickers/Alingua